Iturria: www.polabase.net
Somos quen somos, militantes de base do BNG desde fai décadas, activistas que defendimos o proxecto nacionalista nas ruas, no rural, nas aulas, nos centros de traballo e nos movementos sociais. Hai entre nós sindicalistas da CIG, traballador@s, precari@s, autónom@s, galegos que até onte eramos base social bloqueira e que, modestamente, contribuimos para facer do BNG unha forza de goberno: pegando cartaces, falando cos viciños, militando xunto con outros compañeir@s nas asembleas, activando o corpo social mais rebelde.
Chegamos aos organismos de dirección nacionais do bloque no momento en que este chegaba ao poder, porque nos decidimos a apresentar unha alternativa na ultima Asemblea Nacional ordinaria porque non gostábamos de como se estaban a facer as cousas desde a dirección da Frente. E unha vez ali descubrimos que o estilo dos dirixentes era semellante ao de outros políticos que antes combatíramos: autista ante os sectores sociais máis dinámicos, antidemocrático na vida interna, "politiqueiro" e ambicioso nos conflitos polo control do poder interno. Vimos que querían un Bloque de persoas obedientes non un Bloque de militantes.
Nestes anos goberno bipartito as nosas opinións, ao igual que as de outr@s compañeir@s e de xentes que eran a base social do nacionalismo, non foron tidas en conta. A dirección hexemónica do BNG foi prepotente cos movementos sociais, quíxose homologar ao resto de forzas politicas do sistema e fracasou este 1 de Marzo. Cremos que a base social máis dinámica e participativa foi a que castigou a xestión de goberno, e que para recuperar a ilusión fan falta algo mais que retoques estéticos e lavados de cara. Para nós non ten sentido continuar na viraxe cara o centro político porque somos de esquerdas. Para nós non fai sentido seguir xestionando o existente porque somos anticapitalistas e porque queremos construir resistencias ao actual sistema. Para nós non ten sentido favorecer unha clase empresarial autóctona que continúe a expoliar os nosos recursos porque defendemos a Terra. O Proxecto Común do Bloque xa non nos inclúe porque non nos sentimos representados nel, porque as nosas demandas como traballador@s, precari@s, pequen@s autónom@s, mulleres, veciñ@s... non foron incluídas nen escoitadas. Por iso marchamos do BNG. Non somos políticos profisionais, non queremos colaborar nunha batalla interna que debilite ainda máis o ánimo dos militantes honestos que ten o nacionalismo.
Os políticos sensatos acúsannos de infantis, radicais e de vivir afastados da realidade, porén, cantos asalariados hai en Galiza? E cantos deputados? Ou é que a realidade se ve mellor desde dentro dun coche oficial?
Queremos colaborar na construción dun novo espazo social nacionalista que poña o acento no cotiá, nas loitas concretas, nos concellos onde vivimos e que se esqueza de grandilocuentes palabras, de representacións autoproclamadas e de vangardismos infantis. Cremos no asemblearismo, na horizontalidade democrática e no movemento social e abandonamos o bloque porque cremos que seguir militando nel supón unha contradición con iso. É a nosa opinión. Sabemos que hai militantes honestos do Bloque que teñen outra, respetámola, só faltaría. Nós non convertimos a discrepancia en disidencia. Verémonos na loita, no día a día, defendendo aquelo que como galeg@s orgullos@s sempre defendimos.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
Uma boa solucâo e ficar como horizonte politico uma federacâo portuguesa com duas identidades: a portuguesa ortodoxa e a galega. E totalmente nessesário em especial na proteçao da lingua portuguesa en Galiza.
ReplyDeleteUma modesta opiniâo de um basco lusofilo e portanto galegofilo.
Ojo al dato:
ReplyDeletehttp://www.elcastellano.org/noticia.php?id=954
Para que luego vengan los de UPyD.